Sony presenta un novo smartphone cunha pantalla de 6 polgadas
mércores, 15 de xaneiro do 2014- O Sony Xperia T2 Ultra venderase en 3 cores distintas
Sony está a introducir no seu catálogo de smartphones varios
tabletófonos con dimensións pouco
ordinarias, e tras o xigante Xperia
Z Ultra con pantalla de 6,4 polgadas presenta agora o Xperia
T2 Ultra, que non queda moi lonxe cunha pantalla de 6 polgadas cunha
resolución de 1.080 x 720 pÃxeles (definición bastante modesta para as súas
dimensións) que parece buscar adaptarse a petos máis modestos que o Z Ultra ao
prescindir de resistencia á auga e ter unhas prestacións máis modestas.
O Sony Xperia T2 Ultra funciona cun procesaodor Qualcomm de catro núcleos a 1,4
GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD de ata 32 Gb), conta cunha cámara principal de 13 MpÃxeles con
gravación de vÃdeo a Full HD (mentres que a cámara frontal dispara fotografÃas
de 1,1 MpÃxeles e grava vÃdeo a 720p), ten un grosor de só 7,65 milÃmetros e o
seu peso chega aos 172 gramos (o que non deberÃa sentirse pesado ao estar
repartido nun terminal de grandes dimensións). Pese a ser un tabletófono que
busca ter un prezo axustado, non prescinde de Bluetooth 4.0, NFC, radio FM e
mesmo LTE (4G), polo que estamos ante un dispositivo bastante avanzado, que non
deberiamos ignorar simplemente por non ser o tope de gama.
Para mercados emerxentes Sony contará tamén cunha versión
con dobre SIM.
VÃdeo de presentación do Sony Xperia T2 Ultra