Sony presenta un guiador para PS Move

martes, 5 de xuño do 2012 Marcus Fernández

No marco do E3 Sony anunciou un novo accesorio para a PlayStation, consistente nunha especie de guiador no que pode colocarse o mando principal de PlayStation Move para ofrecer una experiencia diferente en xogos de condución que promete unha alta precisión, capacidade de axuste para poder conducir ou coche ou manexar unha bicicleta, vibración para dar un maior realismo e mesmo integra pancas de cambio de marcha (coma os coches de carreiras) e permitindo xirar os mangos do guiador para acelerar.
O PlayStation Move Racing Wheel chegará no outono a 39,99 dólares nos EE.UU. (o prezo europeo aínda non se anunciou oficialmente) e será compatible con xogos como Little Big Planet Karting, Gran Turismo 5, Need For Speed: Hot Pursuit, BurnOut Paradise ou MotorStorm: Apocalypse.

O guiador pode empregarse tanto para xogos de coches coma de motos/bicis

PUBLICIDADE