Sony presenta un cargador USB con manivela

martes, 22 de maio do 2012 Marcus Fernández

O elevado consumo dos smartphones fai que a súa autonomía sexa sempre insuficiente para os usuarios máis intensivos, de aí que xurdan numerosas solucións de carga alternativas, sorprendendo a propia Sony co seu cargador USB CP-A2LAKS, que é unha batería externa de 4.000 mAh para cargar os nosos trebellos (capacidade suficiente para cargar un par de smartphones), e que pode alimentarse conectándoa a corrente ou valéndose dunha manivela, de xeito que sería ideal para emerxencias (aínda que teriamos que para poder falar polo móbil 1 minuto teriamos que xirar a manivela un minuto, mentres que se o que queremos é navegar pola web por cada minuto de uso teriamos que pasar 5 dándolle á manivela).
As tomas de carga desta batería externa poderían empregarse para cargar un Xperia acro HD nuns 130 minutos (grazas a que pode achegar unha intensidade de corrente de 1,5 A por USB), demostrando así que é unha solución máis completa que outras baterías externas que hai no mercado (que normalmente operan a 0,5 A, chegando a 1 A nalgunhas excepcións).
Este cargador USB sairá á venda no Xapón o vindeiro 20 de xuño a uns 8.000 iens (78,96 euros).

PUBLICIDADE