Sony presenta o seu novo SmartWatch
martes, 25 de xuño do 2013
Tras o lanzamento de varios reloxos de pulso intelixentes, Sony anuncia hoxe o que
será a evolución dos mesmos, o SmartWatch
2, que presume de ser o primeiro dispositivos deste tipo para Android en
incorporar NFC e Ont-touch (ou sexa, que pode enlazarse cun dispositivo con só
tocarse), converténdose nun excelente complemento para smartphones con Android
4.0 ou superior, cos que comunÃcase a través de Bluetooth, amosando na súa
pequena pantalla información achegada do móbil e permitindo a instalación de
diversas aplicacións dispoñibles en Google Play que potencian as súas
funcionalidades (permitindo ler as mensaxes de texto recibidas, o correo
electrónico, as nosas interaccións coas redes sociais, a información
meteorolóxica...).
Este novo smartwatch tamén destaca
por ser resistente á auga, o que permite que poida empregarse durante a
práctica deportiva ou baixo a chuvia (aÃnda que non sexa somerxible). O reloxo
mide 42 x 41 x 9 milÃmetros, inclúe unha correa de metal, pantalla de 1,6
polgadas cunha resolución de 220 x 176 pÃxeles e unha autonomÃa de 3-4 dÃas co
reloxo sempre acendido (ou 7 dÃas con pouco uso).
O SmartWatch 2 de Sony pode empregarse para consultar a hora, a nosa axenda, as notificacións de Twitter ou Facebook, xestionar as chamadas do móbil, disparar a cámara do móbil de xeito remoto, facer de mando a distancia de presentacións, utilizar aplicacións de mapas, servir de reloxo deportivo, controlar as funcións de reprodución multimedia... aÃnda que teremos que agardar a setembro para velo nas tendas e que comece e explotarse todo o seu potencial.
VÃdeo de presentación do Sony SmartWatch 2