Sony presenta novos auriculares sen fÃos cun prezo de 150 euros
xoves, 2 de abril do 2020
En 2018 Sony puxo á venda os auriculares de diadema WH-1000XM3, cunha excelente cancelación de ruÃdo activa, pero cun prezo de lanzamento de 380 euros que eran unha importante barreira (que o ano pasado suavizarÃan os auriculares WF-1000XM3 cun prezo de 250 euros), e para saltar ese atranco temos agora novos auriculares de Sony que teñen un prezo recomendado de 150 euros, facendo moito máis accesible unha tecnoloxÃa demandada por certo perfil de usuario.
Os auriculares
WF-XB700, de formato completamente sen fÃos, integran tecnoloxÃa Extra Bass
que ofrece un potente volume, a súa estrutura ergonómica Tri-hold crea un
axuste cómodo, a resistencia IPX4 fai que poidamos empregalos chovendo ou no ximnasio,
e incluso pode presumir dunha autonomÃa total de até 18 horas grazas ao seu estoxo
de carga que con só 10 minutos de carga permite reproducir música durante 60
minutos.
Estes auriculares son compatibles con asistentes de voz e contan con botóns
fÃsicos para facilitar o axuste de volume e o control da reprodución, buscando
gañarse ao público que demanda uns auriculares compactos para o seu dÃa a dÃa.
VÃdeo promocional dos auriculares Sony WF-XB700
Pero máis rechamantes son os auriculares de diadema
WH-CH710N xa que polo mesmo prezo achegan tecnoloxÃa de cancelación de
ruÃdo con intelixencia artificial (AINC) que analizan constantemente o son
ambiental e selecciona automaticamente o modo de cancelación de ruÃdo máis
efectivo para o contorno do usuario. A vinculación destes auriculares tamén
resulta moi doada, xa que incorporan NFC, de xeito que podemos establecer a
comunicación dun dispositivo cun simple toque.
Ao estarmos ante un dispositivo de
maior tamaño, tamén temos unha baterÃa moi superior, capaz de ofrecer até 35 horas
de audio cunha única carga, e contando con carga rápida que permite 60 minutos
de reprodución con 10 minutos de carga.
Estes auriculares teñen diadema axustable, almofadas ovaladas brandas e un
deseño xiratorio, de xeito que resultan cómodos e ofrecen facilidades para o
seu transporte nunha maleta de viaxe ou nunha mochila. A súa función de mans
libres tamén promete unha grande nitidez nas chamadas telefónicas.