Sony prepara uns altofalantes para o iPod

venres, 6 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Aínda que Sony conte coa súa propia liña de reprodutores multimedia, iso non fai que dea as costas aos iPods, e como exemplo diso dende Sony Insider filtraron uns altofalantes con conexións para os reprodutores de Apple que tamén inclúen reprodutor de CD, entrada de audio para operar con calquera reprodutor e un porto USB para reprodutores que conten con tal porto (ou para memorias USB ou discos duros portátiles).
Os CMT-Z100iR teñen unha potencia de 20Wx2 e radio FM, e aínda que non se coñece nin a súa data de lanzamento, nin o seu prezo, estiman que podería venderse no outono por entre 150 e 250 dólares.

PUBLICIDADE