Sony prepara un mando para os amantes dos xogos de loita
xoves, 5 de xuño do 2025
Sony Interactive Entertainment anunciou hoxe Project Defiant, o seu primeiro mando para xogos de loita sen fÃos, deseñado especificamente para ofrecer unha experiencia óptima tanto en PS5 como en PC. Este novo periférico busca achegar máis flexibilidade aos xogadores, que poderán elixir entre conectividade sen fÃos a través da tecnoloxÃa PlayStation Link (cunha latencia ultra baixa) ou conexión directa mediante cable USB-C.
Entre as súas principais caracterÃsticas destaca un deseño personalizado orientado ao xénero da loita. O mando conta cunha panca dixital de alta calidade deseñada pola propia Sony, con topes intercambiables (en forma cadrada, circular ou octogonal) que se poden substituÃr sen ferramentas, botóns con interruptores mecánicos e un panel táctil como o do DualSense. A súa estrutura ergonómica e resistente está pensada para garantir comodidade mesmo nas sesións máis longas. Ademais, permite acender sen fÃos a PS5 mantendo premido o botón PS.
A conectividade sen fÃos, baseada na tecnoloxÃa PlayStation Link, ofrece unha resposta precisa e inmediata a cada pulsación, tanto en consola como en PC. Tamén se pode empregar mediante cable USB-C para quen prefira unha conexión tradicional.
Inclúe un estoxo de transporte con correa e compartimento interior adaptado ao mando, que facilita o seu traslado e protección.
Nos vindeiros meses desvelarase o nome comercial do produto que está previsto que saia á venda en 2026.
VÃdeo de presentación do mando