Sony prepara cámaras de vídeo con obxectivos intercambiables

martes, 11 de maio do 2010 Marcus Fernández

Sony presentou esta semana en Tokyo un prototipo de cámara de vídeo que sorprende especialmente por soportar obxectivos intercambiables coma se estivésemos ante cámaras fotográficas, o que incrementará a versatilidade deste tipo de produtos que precisaban de certa innovación como medida de reacción ás últimas cámaras réflex que gravan vídeo en alta definición.
Os obxectivos das novas cámaras de vídeo de Sony serían E-mount, ou sexa, que serían compatibles con varias cámaras dixitais da compañía (polo momento as NEX-3 e NEX-5) coas que tamén compartirían sensor (Exmor APS HD CMOS).
Agárdase que estas novas cámaras de vídeo con obxectivos intercambiables cheguen ao mercado no outono.


Vídeo de presentación das novas cámaras de vídeo de Sony

PUBLICIDADE