Sony levanta cabeza cos seus Xperia XZ2 e XZ2 Compact
luns, 26 de febreiro do 2018
Nos
últimos anos Sony quedou totalmente fóra de xogo entre os fabricantes de
smartphones a nivel mundial, pero parecen querer recuperar posicións, e asÃ
temos un par de novos teléfonos no seu catálogo bastante interesantes: o Xperia
XZ2 e o Xperia XZ2 Compact.
O Sony
Xperia XZ2 é o novo teléfono insignia do fabricante xaponés, que conta
cunha pantalla Full HD+ de 5,7 polgadas con HDR e unha relación de aspecto de 18:9,
que integra tecnoloxÃa propia dos televisores BRAVIA para ofrecer imaxes de grande
calidade. Tamén conta con altofalantes estéreo frontais que buscan mellorar a
experiencia audiovisual a través dun sistema de vibración dinámica que
transmitirá a acción dun xeito háptico, aÃnda que tampouco descoida o son sen
fÃos, para o que conta con son de alta resolución que incluso pode aproveitarse
coa tecnoloxÃa LDAC de Bluetooth mellorado, para poder asà gozar dun son máis
fiel en altofalantes e auriculares Bluetooth.
A cámara Motion Eye permite gravar vÃdeo 4K con HDR, rexistrando asà un grande
nivel de contraste, detalles e cores, que poderemos apreciar se temos un
televisor con HDR; e tamén permite gravar vÃdeo en cámara super lenta de até
960 fotogramas por segundo en Full HD.
O teléfono tamén inclúe a aplicación 3D Creator, capaz de realizar escaneos en
3D, o que non se limita a permitir crear modelos 3D de obxectos e caras de amigos,
senón que tamén permite construÃr un modelo 3D coa cámara frontal, facendo
posibles selfies en 3D, que logo
poderán compartirse, por exemplo, en Facebook.
Este teléfono está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 845 cun modem
LTE X20, de xeito que consegue velocidades de até 1,2 Gbps tirando proveito da
segunda xeración de LTE Gigabit. A súa baterÃa de 3.180 mAh promete aguantar todo
o dÃa sen problema grazas a distintos modos de xestión de enerxÃa, e incluso
conta con carga sen fÃos. Tamén conta con resistencia á auga.
O modelo compacto
O Sony
Xperia XZ2 Compact pola súa banda opta por unha pantalla Full HD+ con HDR
de só 5 polgadas, mantendo un procesador Snapdragon 845, gravación en cámara
super lenta, altofalantes estéreo e resistencia á auga, de xeito que desta
volta un móbil pequeno non significa que teñamos un mal teléfono, senón que
simplemente reduce o seu tamaño ao máximo para unha maior comodidade.
O que si perde o dispositivo polo seu reducido tamaño é a carga sen fÃos e
parte da capacidade da súa baterÃa (que confórmase con 2.870 mAh).
Ambos teléfonos estarán dispoñibles no mes de marzo e chegarán ao mercado con Android 8.0.
VÃdeo de presentación do Sony Xperia XZ2