Sony anuncia a súa nova consola portátil
xoves, 27 de xaneiro do 2011
- Kaz Hirai foi o encargado de dar a coñecer a nova consola portátil da súa compañÃa
Sony Computer
Entertainment vén de presentar no Xapón a sucesora da PSP, que polo momento recibe o nome
de NGP (Next Generation of Portable Gaming) e que manterá un deseño moi la
liña da anterior consola portátil de Sony (cun tamaño lixeiramente superior de 182,0 × 18,6 × 83,5 mm), pero mellorando distintos elementos
como a pantalla (que agora é OLED multi-táctil capacitiva cun tamaño de 5
polgadas e unha resolución de 960 x 544 pÃxeles) e o control (con 2 mandos
analóxicos, o que resulta crucial en xogos tipo shooter), á vez que intégranse no propio trebello 2 cámaras, GPS
(elementos que ata o momento eran accesorios), sensores de movemento (acelerómetro,
xiroscopio e compás dixital), Wi-Fi N, 3G, Bluetooth e un revolucionario pad táctil na parte traseira da consola,
que ofrecerá novos xeitos de interacción nos xogos, de xeito que os dedos
poderán empregarse para funcións como tocar, agarrar, trazar, empurrar e tirar
mediante distintos xestos.
No que a procesador se refire, a NGP está baseada nun ARM Cortex A9 de catro
núcleos apoiado por un procesador gráfico SGX543MP4+, dos que aÃnda non se
coñecen moitos detalles, pero que prometen unha potencia inédita en plataformas
portátiles (aseguran que é «tan potente
como unha PS3»).
A alta conectividade da nova consola aproveitarase para o acceso ao LiveArea, un espazo no que os usuarios
poderán compartir diversión e emoción con outros xogadores, abrindo o acceso á
última información acerca dos xogos tanto de Sony como de outras compañÃas, á
vez que tamén serve para visualizar o rexistro de actividade dos usuarios que
estean a xogar ao mesmo tÃtulo. Este servizo aberto á PlayStation Network tamén
completarase con Near, que permitirá
localizar aos amigos que estean preto, servindo tamén para descubrir a outros
xogadores que estean nas proximidades.
- A NGP contará cunha pantalla OLED multi-táctil capacitiva
No que a soporte de almacenamento se refire, a NGP segue os pasos da PSPgo e di
adeus aos discos UMD, de xeito que os xogos almacenaranse en pequenas tarxetas
de memoria flash. Os
primeiros tÃtulos en chegar a esta plataforma serÃan os novos Little Deviants, Reality Fighters e Gravity
Daze, á vez que recuperará franquÃas coma Uncharted, Killzone, WipeOut, Resistance, LittleBigPlanet,
Hustle Kings e Hot Shots Golf. A nova consola tamén contará con grandes tÃtulos
coma Yakuza 4, Metal Gear Solid 4 e un novo Call
of Duty.
A NGP soportará a descarga de xogos de PSone e PSP, o que permitirá que dende
os seus inicios teñan un importante catálogo de xogos dispoñible.
Sobre a data de lanzamento desta nova consola comentaron que chegará ao mercado
a finais de ano, aÃnda que non especificaron o seu prezo.
- Grandes sagas coma Uncharted estarán presentes na NGP