Sony amosa en Las Vegas o seu reprodutor musical de alta resolución
mércores, 7 de xaneiro do 2015
Despois do éxito do
PonoPlayer en Kickstarter (atentando a toda lóxica) parece evidente que
existe unha demanda de reprodutores de audio de alta resolución, e Sony
presenta no CES de Las Vegas o novo Walkman NW-ZX2
que mellora nos niveis de calidade do audio con respecto aos seus predecesores
e presenta un novo deseño de chasis rÃxido que consegue unha calidade de son
aÃnda maior. Este novo reprodutor permitirÃa reproducir cunha carga até 33
horas de reprodución de alta resolución (a 192 kHz e 24 bits), asà como
presentarÃa unha calidade de reprodución ultra alta a través dunha conexión
Bluetooth ao emparellalo aos novos auriculares MDR-1ABT, caracterÃsticas que
esperan convencer ao público para pagar os 1.199 euros que custa este trebello.
O Sony Walkman NW-ZX2 mide 131,2 x 65,1 x 18,5 milÃmetros, pesa 235 gramos, ten
unha pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 854 x 480 pÃxeles, conta con
128 Gb de capacidade de almacenamento (ampliable mediante tarxetas microSDXC de
até 128 Gb) e a súa baterÃa que pode cargarse nunhas 4,5 horas poderÃa achegar
unha autonomÃa de até 60 horas se reproducimos música en MP3 a 128 Kbps.
Para convencer ao usuario o dispositivo presume de numerosas tecnoloxÃas como
Hi-Res Audio, amplificador S-Master HX, motor de mellora de son dixital DSEE
HX, transmisión sen fÃos LDAC, reprodución DSD (Direct Stream Digital),
tecnoloxÃas ClearAudio+ e Clear Bass, pantalla Triluminos con panel
OptiContrast, son VPT (para crear unha sensación realista con auriculares) e
Android 4.2.
Este tipo de trebellos prometen un mellor son grazas a que transmiten 3,2 veces
máis información que un CD de música, sen mencionar o feito de que este
incremento de calidade non serÃa perceptible para o ouvido humano (o que xa
levou hai anos a que os formatos SACD e DVD-Audio fracasasen), como tamén aconteceu
durante a campaña de micromecenado do PonoPlayer, produto que estes dÃas está a
materializarse co lanzamento da súa tenda en liña na que pode
mercarse o reprodutor por 399 dólares (336,61 euros) e varios álbums en formato descargable a
uns prezos
escandalosos: por exemplo, o Led
Zeppelin IV véndese por 27,49 dólares (cando en Google Play véndese a 13,49
dólares) e incluso discos máis recentes como o 1989 de Taylor Swift custa 19,79 dólares (fronte aos 12,49 dólares
de Google Play).
Queda agora por ver se esta estratexia para intentar resucitar o mercado dos reprodutores
musicais portátiles consegue convencer ao público, aÃnda que non parece
probable que os consumidores vaian aceptar de bo grado por unha calidade sonora
supostamente superior cando xa pasaron por distintos soportes fÃsicos (o que
crea un claro rexeitamento á adquisición de produtos culturais mercados con
anterioridade).