Sonos presenta un novo altofalante portátil
xoves, 7 de setembro do 2023
Mentres
Ultimate
Ears segue a apostar polos altofalantes portátiles con Bluetooth, Sonos
quere que os seus produtos teñan aÃnda máis versatilidade, e o seu altofalante Move 2 contará tamén con
conectividade Wi-Fi, conseguindo asà máis funcionalidades e unha maior calidade
sonora.
O Sonos Move 2 sairá á venda o vindeiro dÃa 20 a un prezo de 499 euros, e
proporciona un son estéreo moi amplo, graves profundos, unha baterÃa cunha
autonomÃa de até 24 horas (que tamén inclúe un porto USB-C para poder cargar o
móbil ou outro dispositivo cando estamos afastados dun enchufe), grande
resistencia (a golpes e con certificación IP56 contra o po e a auga), inclúe
control por voz, non esquece entrada de liña e, para deixar claro que estamos
ante un produto moi completo, tamén é compatible coa tecnoloxÃa AirPlay 2 de
Apple (asà como cos principais servizos de streaming musical).
Cómpre salientar que non estamos ante un altofalante que prometa potencia
bruta, senón que aposta pola calidade sonora, e precisamente por iso conta coa tecnoloxÃa
Trueplay, que fai uso dos micrófonos para analizar a acústica do contorno e
optimizar constantemente o son.
Estamos ante un altofalante de 241 x 160 x 127 milÃmetros e 3 quilos de peso, polo
que queda claro que pretende ofrecer unha experiencia sonora potente e completa en case calquera recuncho, mentres
que para experiencias máis básicas o fabricante tamén conta co altofalante Sonos Roam, que é
moito máis compacto e só pesa 430 gramos, contando tamén cun prezo moi inferior
(199 euros), axustándose asà a diferentes escenarios para a música en mobilidade.
VÃdeo promocional do Sonos Move 2