Sonic celebra en Minecraft o seu 30º aniversario
mércores, 23 de xuño do 2021
O ourizo azul de SEGA está a celebrar o seu 30º aniversario,
e dentro desta conmemoración temos a estrea dun novo
contido descargable para Minecraft, que introduce neste mundo pixelado tridimensional tanto a Sonic e os
seus amigos como os escenarios clásicos polos que corre tradicionalmente, como
Green Hills.
Con este
novo contido descargable poderemos correr e rolar polas zonas icónicas dos
xogos de Sonic, encargar aos distintos personaxes da franquÃa de SEGA, competir
cos amigos por ver quen acada a mellor puntuación, desbloquear logros,
personaxes, zonas e incluso un desafiante Modo Eggman. Tamén inclúe 24 atavÃos.
Unha mestura bastante curiosa, xa que Sonic pode verse como un xogo retro do que tamén hai versións modernas
en 2D e 3D, pero ao pasar polo filtro de Minecraft
temos a combinación das 3 dimensións coa aparencia pixelada orixinal, conseguindo
unha estética moi curiosa que adorarán os incondicionais de ambas franquÃas.
- Sonic e os seus amigos están agora presentes en Minecraft
VÃdeo promocional do DLC de Minecraft protagonizado por Sonic