Sonic & SEGA All-Star Racing estrea demo para Xbox 360 e PS3
venres, 19 de febreiro do 2010
O xogo Sonic
& SEGA All-Star Racing estreou hoxe versión de demostración descargable de balde
tanto para a PlayStation 3 como para a Xbox 360, que permite
botar unha ollada á acción deste título no que Sonic e os seus amigos de SEGA
realizan unha emocionante carreira na que esquivan armas, utilizan trucos,
derrapan, buscan atallos e intenta controlar os movementos dos seus rápidos
vehículos, sorprendendo o feito de que as demostracións das mencionadas
consolas contan con diferentes pistas.
O xogo chegará ás tendas españolas o vindeiro día 26 para Xbox 360, PS3,
Wii, PC e Nintendo DS, e aínda que non deixa de parecer un sucedáneo do Mario Kart, o feito de que Mario & Sonic en los Juegos Olímpicos de
Invierno superase
en todo o mundo os 6 millóns de copias dá a entender que algúns
personaxes continúan a vender ben pese a que os xogos que teñan detrás non
destaquen especialmente pola súa orixinalidade ou calidade.
- Mario e Sonic fan boa parella se atendemos ás cifras de vendas dos seus xogos