Sonic Jump estréase en dispositivos móbiles de Apple
xoves, 18 de outubro do 2012
A pasada noite incorporouse á
App Store o xogo Sonic Jump, que
vén a ser un dos tÃpicos xogos de plataformas con desprazamento vertical no que
controlamos ao personaxe protagonista (que neste caso é o popular ourizo cacho
azul de SEGA) inclinando para os lados o noso dispositivo móbil, evitando
inimigos, recollendo power-ups e
superando distintos retos, aÃnda que neste caso, ao estar ambientada a aventura
como unha historia de Sonic, incluso teremos xefes finais que derrotar ata
poder enfrontarnos ao malvado Dr. Robotnik.
Este tÃtulo permitiranos xogar como Sonic, Tails ou Knuckles, percorrer mundos
como a clásica Zona Green Hill ou as Zonas Mountain ou Jungle, superar 36
niveis diferentes, coleccionar logros e desbloquear numerosos elementos. Podemos
gozar tanto do seu Modo Historia (no que percorrer os seus niveis sucesivamente
ata enfrontarnos ao Dr. Robotnik) como do se Modo Arcade (no que saltaremos ata
o infinito, co reto de manterse xogando o máximo tempo posible).
Sonic Jump é unha aplicación
universal que está á venda por 1,59 euros e que recibirá actualizacións de
balde con máis personaxes e novos mundos. O xogo aÃnda non conta con versión
para Android, aÃnda que sorprende ver que en Google Play está á venda con
impunidade un plaxio do
mesmo baixo o nome de R-Jump (doodle game
sonic) que pode probarse
vÃa web.