Sonic Generations terá unha completa edición para coleccionistas
mércores, 7 de setembro do 2011
Continuando coas
celebracións do 20º aniversario de Sonic
the Hedgehog dende SEGA anuncian que o vindeiro xogo Sonic Generations nas súas versións para Xbox 360 e PlayStation 3
(tamén sairá para Nintendo 3DS) contará
cunha edición para coleccionistas moi especial que incluirá unha figura co
Sonic clásico e o moderno, un anel de
ouro (dos tÃpicos que recolle o ourizo azul nos seus xogos) nunha edición
limitada e numerada, o libro 20 Years of
Sonic Art (con imaxes e bosquexos inéditos dos últimos 20 anos), a banda
sonora 20th Anniversary
Soundtrack cunha recompilación de temas elixidos polo Sonic Team e o
documental La historia de Sonic: el
nacimiento de un icono, que inclúe unha selección de entrevistas e vÃdeos
sobre a vida de Sonic. Tamén terá un embalaxe lenticular e contido descargable
adicional para redondear este produto imprescindible para os seareiros do
personaxe máis representativo de SEGA.
- A edición para coleccionistas de Sonic Generations chegará ao corazón aos seareiros da mascota de SEGA