Sonic 4 estrea o seu segundo episodio descargable
martes, 15 de maio do 2012
SEGA está a
comezar a distribución dixital do xogo Sonic
the Hedgehog 4 Episode II, que continúa a historia de retorno do ourizo
Sonic clásico que se enfronta a varios dos seus inimigos lendarios contando desta
volta coa axuda do seu vello amigo Tails.
Dende hoxe o xogo pode adquirirse por 12,99 euros a través da PlayStation
Network e Steam, mañá
chegará a Xbox
LIVE Arcade por 1.200 puntos Microsoft e para dispositivos Android con
procesador nVIDIA Tegra 3 por 5,49 euros, e para o xoves tamén estreará versión
para iPhone e iPad polo mesmo prezo. En xuño teremos versión de Sonic the Hedgehog 4 Episode II para
dispositivos con Android en xeral, para estrear tamén versión para Windows
Phone no mes de xullo.
Este xogo é unha secuela bastante demorada para atender á resposta dos usuarios
do xogo anterior, que resultou un tanto decepcionante, o que explicarÃa por qué
a aposta polo formato descargable continúe a ser moderada por parte da súa
editora, e segundo comentarios dos responsables do xogo poderiamos estar ante o
derradeiro episodio de Sonic 4.
Trailer de lanzamento do xogo
- O xogo supón un cambio profundo con respecto da súa entrega anterior