Sonic 4 chega hoxe ao iPhone

xoves, 7 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O ourizo azul de SEGA leva meses anunciando a súa volta ás orixes, e finalmente temos aquí o agardado xogo Sonic The Hedgehog 4 Episode I, que retoma a saga orixinal en 2D pero que desta volta non se venderá nas tendas senón en formato descargable, estreándose hoxe mesmo na App Store cunha versión para iPhone que consegue capturar a velocidade, o dinamismo e a diversión propias das primeiras entregas de Sonic. Este xogo recupera unha saga que levaba 16 anos suspendida, e pode adquirirse por 7,99 euros para os terminais de Apple, mentres que os usuarios de Xbox 360, PlayStation 3 e Wii deberán agardar á semana que vén para poder facer por entre 12,99 e 15 euros con este xogo que chegará de xeito episódico.
Esta nova aventura de Sonic contará con 4 zonas con 4 actos cada unha e 7 escenarios especiais, destacando non só por chegar antes que o resto de versións, senón tamén por incluír 2 niveis exclusivos que farán uso do acelerómetro do iPhone e o iPod Touch.
O primeiro episodio de Sonic 4 inclúe uns niveis que resultarán moi familiares para os habituais da saga, pois recupera moitos elementos de entregas anteriores, o que agradecerán os segueiros de toda a vida, á vez que axudará que os usuarios que se acheguen por primeira vez a esta franquía coñezan de preto as virtudes que levaron a Sonic a converterse no equivalente a Mario en SEGA.


Último trailer de Sonic The Hedgehog 4 Episode I

PUBLICIDADE