Sombras de Mordor devólvenos á Terra Media
martes, 10 de outubro do 2017
AÃnda que estaba previsto que La Tierra Media: Sombras de Mordor estrease
secuela o pasado 25 de agosto, finalmente La Tierra Media: Sombras de Guerra
non veu a luz até hoxe, cando chegou a PlayStation
4, PC
e Xbox
One, destacando esta última versión por estar dentro do programa XBOX Play Anywhere,
ou sexa, que os xogadores que merquen o tÃtulo en formato descargable para Xbox
One tamén poderán xogalo en PC sen custo adicional.
Este xogo levaranos a forxar un exército, conquistar fortalezas e dominar
Mordor dende dentro. Recupera o sistema Némesis para crear historias persoais
únicas con cada inimigo e seguidor e permitiranos enfrontarnos ao poder de
Sauron e os seus Espectros do Anel nunha nova historia na que poderemos optar
por avanzar empregando o enxeño ou a forza bruta. As decisións que vaiamos
tomando terán repercusións no transcurso do xogo, que consegue ser aÃnda máis
completo e épico que a súa anterior entrega, polo que convértese en todo un
imprescindible para os que gozaron do tÃtulo publicado en 2014.
VÃdeo no que podemos ver moitos detalles de La Tierra Media: Sombras de Mordor