Solución para levar o sinal de vídeo DVI a 30 metros de distancia

martes, 15 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que queiran levar o sinal de vídeo do seu ordenador a unha longa distancia poden optar polo novo kit de Iogear, que permite a transmisión do sinal tomado dun conector DVI a través dun cable de rede local (de categoría 5e ou 6) xunto co seu correspondente son estereo.
Este sistema permitiría levar un sinal a distancias de ata 30 metros (podendo chegar aos 100 metros con 3 conexións en cascada), o que resulta ideal para aplicacións en estudos de televisión, para presentacións multimedia, centros de ensino ou contornos industriais (onde poderían ter os equipos informáticos en habitacións protexidas).
Este sistema de extensión de conexións de vídeo DVI é compatible coa especificación DVI 1.0, soporta os estándares VESA e resolucións de HDTV, estando á venda por 499,95 dólares.

PUBLICIDADE