Solución para espallar unha rede Wi-Fi a través de PLC

luns, 29 de novembro do 2010 Marcus Fernández

A instalación de redes Wi-Fi en fogares de grande tamaño ou con varios andares é un grande problema que pode solucionarse grazas á tecnoloxía PLC que aproveita a instalación eléctrica para a transmisión de datos, o que veñen de simplificar co Devolo dLAN 200 AV Wireless N, un kit de emisor-receptor PLC que no seu terminal de recepción incorpora un punto de acceso Wi-Fi N e 3 portos Ethernet, de xeito que pode levar a conexión á Rede a unha distancia de ata 300 metros a unha velocidade de ata 200 Mbps (suficiente para a transmisión de vídeo en alta definición), o que facilita a interconexión de dispositivos tanto por cable coma sen fíos.
O Starter Kit que inclúe un emisor e un receptor PLC de Devolo pode mercarse por 149 euros, mentres que os receptores adicionais poden adquirirse por un 100 euros. Cómpre destacar que a grande vantaxe desta solución fronte a outras máis económicas está no feito de que o propio receptor PLC integra un router, simplificando a instalación de varios equipos afastados, mentres que para conectar un único dispositivo a distancia existen solucións máis económicas deste ou doutros fabricantes.

PUBLICIDADE