Sol Cresta será unha realidade o 22 de febreiro
luns, 24 de xaneiro do 2022
A
primeiros dos anos 80, un dos xogos de naves de referencia nos salóns recreativos
era Moon Cresta, que diferenciábase do resto por comezar
cunha pequena que podÃa ir ampliándose para pasar de 1 disparo até a 5 disparos
á vez, mecánica que conservarÃa a súa secuela Terra Cresta, que chegou
ao mercado en 1985.
Este último xogo foi adaptándose a distintas plataformas ao longo do tempo,
pasando os seus dereitos a Hamster, compañÃa que estarÃa a colaborar con
PlatinumGames para facer realidade unha nova entrega da saga, Sol Cresta, que a pasada fin de semana anunciouse que verá a luz
o vindeiro 22 de febreiro en versións para Nintendo Switch, PlayStation 4 e
PC (Steam), algo que sorprenderá a moitos que escoitaran falar deste
desenvolvemento como unha
broma do Primeiro de Abril de 2020.
O xogo manterá a esencia da saga, permitindo pilotar 3 naves e explorar todo o
sistema solar shot’em up de desprazamento vertical clásico, que tira
da nostalxia até no apartado musical (que corre a cargo do compositor chiptune
Yuzo Koshiro).
VÃdeo no que anunciaron a data de lanzamento de Sol Cresta