Snap presenta unha cámara voadora persoal

luns, 2 de maio do 2022 Marcus Fernández

Dende Snapchat continúan a avanzar no ámbito do hardware, e tras as súas Spectacles anuncian agora Pixy, unha cámara voadora que busca levar a maxia da Cámara de Snap a un novo nivel. A idea de Pixy é ter unha compañeira de peto que voa libremente e se adapta ás aventuras grandes e pequenas, de xeito que o usuario só ten que premer un botón para que Pixy voe en catro vías de voo preestablecidas.
A cámara pode flotar, orbitar e seguir ao usuario, sen precisar dunha persoa que a opere remotamente. Pixy grava vídeos dos voos e transfírense sen fíos aor Recordos de Snapchat, dende onde poden empregarse as ferramentas de edición, Lentes e Sons para personalizar as gravacións. Cuns poucos toques pode recortarse automaticamente no retrato e aplicar versión intelixentes rápidas, como Hyperspeed, Bounce, Orbit 3D e Jump Cut, para compartilos en Snapchat ou en calquera outra plataforma.
Inicialmente Pixy sae á venda en EE.UU. e Francia a un prezo que parte dos 229,99 dólares (219 euros), aínda que os envíos das primeiras unidades poderían tardar máis de 16 semanas en realizarse, polo que a súa compra parece bastante arriscada, xa que habería que facela a cegas e co risco de recibir o produto cando xa pasasen os mellores meses do verán (época na que este tipo de dispositivo resulta especialmente atractivo).

Vídeo de presentación da cámara Pixy de Snap

PUBLICIDADE