SmartPEME recibe o verán con seis novos obradoiros TIC en liña para

luns, 21 de xuño do 2021 S. P.

Segue adiante este comezo do verán o programa de obradoiros TIC da Deputación de Pontevedra, a través da iniciativa de formación tecnolóxica SmartPEME. Esta semana ofrécense seis novas accións formativas impartidas de xeito en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten telematicamente. As accións versan sobre a optimización de anuncios de aloxamentos e experiencias en Airbnb, debuxo con Onshape, vídeo-marketing, creación de tendas en liña con Prestashop e creación de campañas con Google Adwords.
Este martes 22 impartirase o obradoiro Optimización de Anuncios de Aloxamentos en Airbnb, a cargo de Carla Moreno, responsábel de mercado dos aloxamentos Airbnb en España e Portugal; e, a continuación, Debuxo con Onshape, Assembly I, da man do experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D Manuel Freire.
O mércores 23, cita para Optimización de Anuncios de Experiencias en Airbnb, impartido por Federica Petruccio, responsábel de mercado das experiencias Airbnb de España e Portugal; e para Vídeo Márketing I-Contido Audiovisual, a Última Tendencia, con Lara Taboada, experta en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. Xa pola tarde, volverá Lara Taboada con Crea a túa Tenda en liña con Prestashop II: Personaliza a túa.
Para finalizar a semana, o xoves 24, será a quenda de Introdución a Google Adwords a cargo María Aller, posgraduada en Comunicación Corporativa, quen introducirá os conceptos básicos de Google Ads para crear unha campaña de maneira axeitada e rendíbel.

PUBLICIDADE