Skyla Memoir, o marco dixital con escáner integrado
mércores, 15 de abril do 2009
Os marcos
dixitais son un método moi popular para presentar as imaxes capturadas polas
nosas cámaras fotográficas dixitais, pero LiteOn vén de introducir no mercado
español o Skyla Memoir, que permite trasladar o mesmo uso ás fotografÃas en
papel, xa que incorpora un escáner para fotografÃas de 10 x 15 centÃmetros, que
rexistra as instantáneas a unha resolución de 600 dpi na súa memoria interna
(de 1 Gb de capacidade).
A pantalla deste marco dixital ten unha boa resolución (800 x 600 pÃxeles),
inclúe lector de tarxetas de memoria 5-en-1, conexión USB (tanto para conectar
co PC como para acceder a fotografÃas de memorias USB), reproduce ficheiros
MP3, M-JPEG, MPEG-1 e MPEG-4 e o
seu prezo de venda é duns 200 euros, o que parece un tanto elevado,
pero estarÃa xustificado pola ausencia de dispositivos semellantes nas tendas.