Sintonizador/gravador de TDT alta definición de pequeno tamaño

venres, 10 de decembro do 2010 Marcus Fernández

A crecente oferta televisiva en alta definición (Antena 3 HD, Telecinco HD, laSexta HD e TVE HD en probas) fai que moitos posuidores de televisores con pantallas de alta definición pero sen un sintonizador que soporte tal formato síntanse defraudados, pero a situación pode arranxarse por menos de 40 euros adquirindo o receptor de TDT HD i-Joy Curt, que cunhas medidas reducidas (179 x 97 x 21 milímetros) pode agocharse na parte traseira do televisor, pero aínda que o seu formato inste á súa colocación nun euroconector, o trebello tamén conta con saída HDMI (moito máis axeitada para un sinal de alta calidade) e incluso un porto USB 2.0 que pode utilizarse para conectar memorias USB na que gravar os contidos televisivos ou dende as que reproducir contidos multimedia coma imaxes (JPEG e BMP), música (MP3, WMA, AAC e WAV) e vídeo (MPEG-4 e MKV), de xeito que temos unha solución moi completa e atractiva.

PUBLICIDADE