Sintonizador Blusens TP-35 compatible coa TDT Premium e con gravación USB

luns, 18 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

No pasado mes de setembro volveu á España a TDT de pagamento, pero con reducidos equipamentos domésticos adaptados, e pouco a pouco foron chegando ao mercado dispositivos compatibles coa TDT Premium, aínda que moi básicos, cousa que comeza a cambiar, e así temos o Blusens TP-35, que é un sintonizador de TDT de definición estándar con fenda Common Interface para poder dotala de acceso á TDT de pagamento e que tamén conta con conectividade USB para poder gravar os contidos televisivos en memorias USB ou discos duros externos, así como para facer uso da función de timeshift ou pausa en directo.
Amais, o porto USB tamén serve para visualizar fotografías en JPEG, escoitar música en MP3 e reproducir vídeos en MPEG-1/2/4, entre os que estarían os vídeos no popular formato Xvid. O Blusens TP-35 mide 26 x 29 x 3,8 centímetros, pesa 936 gramos, conta con menús en pantalla en español, éuscaro, catalán e galego e pode atoparse nas tendas por un prezo de a partires de 39,90 euros.

PUBLICIDADE