SingStar: Miliki podería chegar ás tendas no Nadal

luns, 21 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O programa de radio Blade FM sorprendeu esta fin de semana descubrindo na tenda en liña Shine Star o que parece ser un videoxogo totalmente inesperado, que respondería ao nome de SingStar: Miliki, ou sexa, que Emilio Miliki Aragón Bermúdez levaría os seus discos con cancións infantís do CD á PlayStation 2 nun xogo de karaoke que sairá o 16 de decembro por 29,99 euros.
Este título podería ser unha adaptación do disco A mis niños de 40 años, que editara Miliki para o Nadal de 2008 e que recollía temas clásicos coma Había una vez un circo, La gallina Turuleca, Feliz en tu día e Susanita, xunto coas cancións nas que interpretaba as táboas de multiplicar para axudar aos cativos a aprender divertíndose.

PUBLICIDADE