SingStar para PS4 renóvase
venres, 11 de decembro do 2015
O xogo SingStar ao
saltar á PlayStation 4 deixou nun segundo plano a edición frecuente de versións
en disco con lotes de cancións para centrarse nas descargas dixitais, de xeito
que podemos descargar o xogo de balde, para mercar no mesmo as cancións coas
que queiramos facer karaoke, e agora
que se achega o Nadal Sony
decidiu renovar a aplicación cunha nova aparencia e reforzando o seu catálogo
de cancións.
Anuncian que moitas das cancións que saÃron no seu dÃa para PlayStation 3 e que
actualmente estaban ausentes rematarán chegando á nova xeración, de xeito que
os usuarios poden agora comprobar o seu Historial
de compras para descargar na PS4 numerosas cancións que mercaran no seu dÃa
na PS3.
O xogo tamén estrea os modos de xogo Party Mode (con mecánicas como pasar o
micrófono, popurrÃs ou realizar retos de puntos) e Challenge Mode (que amosa as
cancións que cantaron os nosos amigos xunto a súa puntación para convidarnos a
melloralas).
Entre as cancións que chegan de novo a SingStar
para PS4 están Te Regalo de Carlos
Baute, ParaÃso de Dvicio, Cosas que suenan a triste de Maldita
Nerea, Bonito de Jarabe de Palo, Me Voy de Julieta Venegas, Sueños Rotos de La Quinta Estación e Terriblemente Cruel de Leiva; mentres
que os temas de PS3 que confirman o seu salto a PS4 serÃan Sólo se vive una vez de Azúcar Moreno, Maldito Duende de Héroes del Silencio e Noches de Bohemia de Navajita Plateá.
Tamén destacan que a dia de hoxe na PlayStation 4 podemos gozar das seguintes
cancións:
VÃdeo no que anuncian a renovación de SingStar para PS4