SingStar Dance chega ás tendas
xoves, 11 de novembro do 2010
- Durante o Gamefest puido probarse o SingStar Dance
Os seareiros da
saga SingStar xa non teñen que
agardar máis para ver a renovación da popular franquÃa de xogos de karaoke, que
hoxe estrea a súa
renovación, o SingStar Dance, que
chega por un prezo estimado de 29,99 euros e que promete ser o primeiro
videoxogo que permite cantar e bailar, pois aparte dos clásicos micrófonos,
tamén fará uso de PlayStation Move para rexistrar os movementos de baile dos
xogadores.
Agora non chegará con saber as letras das cancións para acadar boas
puntuacións, senón que tamén haberá que seguir con ritmo as súas coreografÃas,
aÃnda que tamén é posible repartir o xogo entre 4 xogadores (2 con micrófono e
2 con PlayStation Move).
O xogo chega con 29 cancións incluÃdas, ás que pode sumarse o inmenso catálogo
de temas descargables da SingStore, que paulatinamente adaptaranse para o SingStar Dance, de xeito que os usuarios
que xa mercasen algunha canción poderán actualizala á súa versión bailable por 0,50 euros.
Concretamente o catálogo musical do xogo serÃa o seguinte:
Amaia Montero - 4"
Amaral - Marta, Sebas, Guille y los demás
Backstreet Boys - Everybody
Bustamante - Abrázame muy fuerte
Chayanne - Torero
David Bisbal - Esclavo de sus besos
Dover - Let me out
Efecto mariposa - Por quererte
El canto del loco - Eres tonto
Gloria Gaynor - I Will Survive
Gwen Stefani - What You Waiting For?
Julieta Venegas - Lento
La oreja de Van Gogh - Pop
Lady Gaga - Poker Face
Macaco - Tengo
Maldita Nerea - Cosas que suenan a...
Malú - Toda
Melendi - Como una vela
Miguel Bosé - Don Diablo
Mónica Naranjo - Pantera en libertad
Nena Daconte - Ay! Amor
Pastora - Lola
Paulina Rubio - Causa y efecto
Pignoise - Todo me da igual
Pitbull - I Know You Want Me
Real to Reel - I Like To Move It
Ricky Martin - Livin’ la Vida Loca
The Black Eyed Peas - Shut Up
Zenttric - Sólo quiero bailar
- Un par de bailarÃns probando o SingStar Dance durante o Gamefest