Sifu chega a consolas PlayStation e PC
martes, 8 de febreiro do 2022
O estudio de videoxogos independente Sloclap, creadores de Absolver,
estrean o seu novo tÃtulo, Sifu,
un xogo de acción en terceira persoa con intensos combates corpo a corpo no que
encarnaremos a un aprendiz de kung-fu que busca aos asasinos da súa familia
para vingarse. Esta agardado xogo chega con versión para consolas
PlayStation 4 e PlayStation 5, asà como versión para PC, sendo
o seu prezo base de 39,99 euros, co que pretende achegarse a unha boa base de usuarios.
Neste xogo haberá que percorrer os recantos escuros da cidade, dende os
suburbios ateigados de bandas até os corredores das torres empresariais, derrotando
a innumerables inimigos que procurarán cortarnos o paso. Para sobrevivir haberá
que colocarse de xeito axeitado, sacar partido do contorno e, en definitiva,
aproveitar calquera cousa que teñamos a man para poder superar situacións nas
que se está en clara desvantaxe.
Estamos ante un beat’em up que cativará especialmente aos amantes do
cine asiático de artes marciais.
- No xogo hai que aproveitar o que se atopa ao redor para poder superar aos numerosos inimigos que xorden no camiño
Tráiler de lanzamento de Sifu