Shuttle venderá un mini-ordenador a 199 dólares

xoves, 10 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os ordenadores de baixo custo non son só os portátiles, e Shuttle anunciou no CES un mini-barebone baseado en Linux que se venderá a só 199 dólares e que contará cun procesador Intel Celeron, chipset 945GC, 512 de memoria e 60 ou 80 Gb de disco duro.
Curiosamente o equipo non inclúe nin lector de DVD nin fenda PCI Express. Como punto máis positivo, os KPC Linux PC se venderá en cores vermella, azul, negra e branca.
Shuttle tamén venderá barebones a 99 dólares, que poderá actualizarse a procesadores Core2Duo e 1 Gb de memoria. Tanto estes equipos coma os anteriores sairán á venda a finais do primeiro trimestre do ano.

PUBLICIDADE