Shinobi estreará xogo para Nintendo 3DS en setembro

xoves, 26 de maio do 2011 Marcus Fernández

En 1987 SEGA achegou as máquinas recreativas un xogo de éxito coñecido como Shinobi, que tivo tanto éxito que non tardou nin dous anos en contar cunha secuela (Shadow Dancer), continuada en múltiples plataformas, aínda que principalmente en consolas de SEGA, o que forzou a que a mediados dos 90 detivésese a franquía, que rexurdiu de xeito fulgurante en 2002 e 2003 con xogos para Game Boy Advance e PlayStation 2, e que finalmente este ano vai retornar pola porta grande, pois SEGA anunciou que esta saga de acción de desprazamento horizontal contará cunha nova entrega para a Nintendo 3DS que chegará ás tendas no mes de setembro, e que vai aproveitar as características da nova portátil para incorporar algunhas innovacións.
Shinobi conta a historia de Jiro Musashi, líder do clan Oboro e pai de Joe Musashi (heroe das primeiras entregas da franquía). Os xogadores poderán converterse en auténticos ninja, aprendendo múltiples ataques e incluso empregando a maxia para resolver situacións complicadas, ou sexa, que os seguidores desta saga familiarizaranse de xeito doado co seu control, pois aínda que o xogo teña un estilo visual 3D actualizado, conserva a esencia das anteriores entregas.
Neste título de 3DS controlaremos a Jiro Musashi, quen tras padecer a traizón dun amigo, deberá enfrontarse a un malvado e ancestral clan, pero o seu fillo Joe no estará ausente, senón que será posible manexalo en mapas de desafíos retro desbloqueables a través da innovadora función StreetPass.
O novo xogo desenvolvido por Griptonite Games xa ten un deseño de carátula e un trailer que busca entusiasmar aos que seguiran unha das sagas de SEGA máis apreciadas polo público:

Shinobi actualiza os seus gráficos ás 3D pese a manter unha mecánica de desprazamentos horizontais na meirande parte do xogo
Algúns dos desafíos do xogo farán un uso intensivo das 3D