Shine 2, un monitor de actividade elegante con LED de cores
xoves, 22 de outubro do 2015- O Shine 2 pode vestirse como un reloxo de pulso ou incluso levarse pendurado (ou enganchado ao calzado deportivo)
Misfit continúa a mellorar os seus monitores de actividade,
que co Shine 2 chegan a unha
nova xeración, equipando un pequeno disco que pode levarse de distintos xeitos
enriba (sendo o máis habitual empregar unha correa de reloxo) cun acelerómetro
de 3 eixes e, como novidade, un magnetómetro de 3 eixes, o que facilita que
rexistrar tanto a actividade deportiva como a calidade do sono, podendo
aproveitarse este accesorio para notificarnos mediante unha vibración da recepción
dunha chamada telefónica ou dunha mensaxe de texto (comunicándose co móbil por
Bluetooth 4.1).
O Shine 2 destaca por non ser presentar na súa esfera 12 LED (que poden adoptar
calquera cor) dispostas ao seu redor e que poden verse incluso baixo a luz
solar, e que a través de distintas animacións e cores conseguen motivarnos
durante a práctica deportiva (xa que indicarÃa o que nos falta para superar os
obxectivos establecidos) ou advertirnos de notificacións. Amais, o panel é
táctil, o que facilita a interacción do dispositivo e incluso poderÃa
aproveitarse para controlar a reprodución de contidos multimedia no móbil ou
para disparar fotografÃas da cámara do mesmo a xeito de mando a distancia.
Este accesorio conta cun corpo de aluminio de grande resistencia, é resistente
á auga (até 50 metros) e a súa baterÃa dura até 6 meses, converténdose asà nun
produto moi atractivo, que sairá á venda en novembro a un prezo de 99,99
dólares en dúas cores distintas (negro carbón ou rosa dourado).
- O Shine 2 pode sincronizarse co móbil, para consultar as estatÃsticas da nosa actividade fÃsica e para recibir notificacións do móbil no accesorio
- O Shine 2 ten un deseño modular
VÃdeo de presentación do Shine 2