Shenmue II estrea secuela 18 anos despois do seu lanzamento
martes, 19 de novembro do 2019
Na
feira E3 de 2015 Sony conquistou a boa parte do público con anuncios que tiraron
da nostalxia para causar impacto, como o anuncio dun remake do
clásico Final Fantasy VII e a presentación da campaña de micromecenado
para facer realidade o xogo Shenmue III,
para finalmente superar
os 6 millóns de dólares en Kickstarter, o que claramente só servirÃa para
financiar unha pequena porción do xogo (que por fortuna para os amantes da saga
contou co apoio de Sony).
Pasados todos estes anos de desenvolvemento, por fin está dispoñible, en
versións para
PlayStation 4 e para PC
(en primicia na Epic Games Store para enfado de moitos mecenas que querÃan o tÃtulo
en Steam), o agardado Shenmue III, facendo realidade este longo traballo
de Yu Suzuki, que puido asà pór fin á historia que quedara pendente en Shenmue
II e que tivo que agardar 18 anos para completarse.
Cómpre salientar que aÃnda que Shenmue e Shenmue II son tÃtulos
moi admirados, comercialmente foron un rotundo fracaso, principalmente por ser
desenvolvementos extraordinariamente caros (custaron uns 70 e 47 millóns de dólares
respectivamente), e no caso de Shenmue III tampouco se espera unha
fortuna diferente, pois está claro que simplemente pretende servir para rematar
unha aventura épica na que se mestura elementos propios de xogos de acción como
Virtua Fighter con divertidos minixogos e unha potente historia central
narrada dun xeito moi cinematográfico.
Nesta terceira entrega o artista marcial Ryo Hazuki, busca resolver o misterio
detrás do Espello Fénix, un artefacto que busca o asasino do seu pai. Nesta
aventura Ryu visitará a China rural, mellorará o seu adestramento e proba sorte
en xogos de apostas e arcade mentres desenvolve a súa investigación.
O xogo está dispoñible por 49,99 euros para PC e por 59,99 euros para
PlayStation 4 nas súas edicións estándar, existindo tamén unha edición para
coleccionistas por un prezo de 79,99 euros.
- Shenmue III para PS4 pode adquirirse nunha completa edición para coleccionistas
VÃdeo-reportaxe coa que celebran o lanzamento de Shenmue III