Shadow of the Colossus chega a PlayStation Plus
xoves, 27 de febreiro do 2020
A oferta
de Xogos
con Gold do mes de marzo é bastante boa, e incluÃa entre os seus tÃtulos Sonic
Generations, o que resulta bastante oportuno xa que actualmente está en
cines un filme do ourizo azul de SEGA, pero agora resulta evidente que a coincidencia
non foi azarosa, xa que nos
xogos de PlayStation Plus de marzo anunciaron que estará Sonic
Forces, outro xogo da franquÃa de Sonic, no que haberá que axudar ao
ourizo a recrutar un exército para salvar ao planeta das poutas do caos e a
destrución que provocaron o doutor Robotnik co seu novo e misterioso aliado Infinite.
Neste xogo empregaremos a un Sonic moderno, en vez da versión máis gordiña que
podemos ver nos primeiros tÃtulos e na grande pantalla.
O outro grande xogo de PS Plus para o mes de marzo é todo un clásico, Shadow
of the Colossus, no que hai que derrotar a 16 criaturas colosais
repartidas por unha vasta paisaxe. Estes combates épicos saÃron da mente de Fumito
Ueda, e aÃnda que o xogo era orixinal da PlayStation 2, adaptouse primeiramente
a PlayStation 3, incorporando gráficos en alta definición, aÃnda que a versión
que finalmente chegarÃa a PlayStation 4 non só melloraba os gráficos unha vez
máis, senón que tamén optimizaba o rendemento e actualizaba o sistema de control,
para que este clásico poida gozarse dun xeito digno.
Adicionalmente tamén se incluirá o tÃtulo de PS Talents Holfraine, un hero
shooter multixogador no que poder botar partidas de 3 contra 3.