Seresco celebra 25 anos de actividade en Madrid
xoves, 10 de outubro do 2024
Seresco, compañía española especializada en solucións tecnolóxicas e transformación dixital de empresas e organismos públicos, vén de conmemorar o 25º aniversario da súa delegación madrileña. Fundada en Asturias en 1969, abriu as portas da súa sede en Madrid fai xa un cuarto de século, convertendo a Madrid na segunda delegación da tecnolóxica decana a nivel nacional, tan só por detrás de Galicia, onde conta cunha xa histórica delegación en Vigo.
En palabras de Antonio Suárez, presidente de Seresco: “O equipo que se incorporou naquela época era un equipo de xente nova: excedían ganas de aprender, de comerse o mundo, do mesmo xeito que nós. Creo que non me equivoco se afirmo que a compañía non sería o que é hoxe sen o seu incuestionábel traballo en Madrid. Foron anos moi gratificantes e cheos de aprendizaxes: déronnos unha visión de empresa a nivel global e transversal que perdura ata hoxe. Na nosa traxectoria global para chegar a ser o que somos, unha compañía decana no sector tecnolóxico con capital 100% español, a capital foi clave”
Con motivo desta efeméride, a tecnolóxica asturiana realizou un evento limitado a empregados, partners e clientes no Museo do Prado, onde, tras unha visita guiada pola pinacoteca, os asistentes puideron gozar dun cóctel nas mesmas instalacións da galería.
Alberto Díaz, responsábel do centro de servizos de Madrid, quixo agradecer ao Prado facer isto posíbel: “Grazas ao Museo por brindarnos un marco inigualábel como o que nos rodea. A elección deste espazo, hei de dicir, non é casualidade, porque aquí executamos, xunto cos nosos compañeiros de GNOSS, un proxecto de intelixencia semántica, a liña do tempo da que todos podedes gozar na web do museo. Celebrar aquí o noso aniversario parecíanos unha interesante maneira de mostrar que non só facemos nóminas e canto de diferentes son as nosas áreas de traballo; todas elas, iso si, relacionadas coa tecnoloxía”.