Sennheiser lanza un micrófono sen fÃos para smartphones
venres, 3 de agosto do 2018
Un dos grandes puntos febles da gravación de vÃdeo co móbil
é, sen dúbida, o apartado sonoro, xa que os smartphones non contan con
micrófonos deseñados para captar son a distancia, o que fai que en moitas
ocasións non poidamos realizar gravacións que recollan os momentos que queremos
rexistrar coa calidade axeitada, de aà que dende Sennheiser sorprendan cunha
atractiva solución, o Memory
Mic, un micrófono que conéctase co smartphone a través de Bluetooth, pero
que conta cunha memoria para almacenar até 4 horas de audio, de xeito que,
aÃnda que se perda a comunicación sen fÃos, o son continuará rexistrándose para
a súa posterior sincronización co vÃdeo gravado no smartphone a través da
aplicación móbil deste accesorio (dispoñible
para iOS e Android).
Esta solución, á venda por
199 euros, promete recoller o son cunha magnÃfica calidade, de xeito que,
por exemplo, podemos rexistrar as palabras da persoa á que estamos a gravar con
independencia da distancia á que nos atopemos da mesma.
Este accesorio pode prenderse
na roupa mediante un clip magnético, ten un tamaño de 51 x 37 x 16 milÃmetros,
pesa uns 30 gramos e integra unha baterÃa de 360 mAh que pode cargarse por USB.
O Sennheiser Memory Mic estarÃa recomendado para creadores de vÃdeo, músicos e
incluso familias, sendo un accesorio resistente e versátil, que como principal
atranco ten o seu elevado prezo, de xeito que só serÃa apto para quen quixera
realizar producións de vÃdeo coidadas.
Un dos vÃdeos promocionais do Memory Mic de Sennheiser