Seagate prepara unidades SSD capaces de transferir datos até a 10 GB/seg.
mércores, 9 de marzo do 2016
As
unidades SSD continúan a avanzar como solucións de almacenamento de grande
velocidade que coller o relevo aos discos duros mecánicos, e Seagate vai marcar
este verán un novo teito neste tipo na gama empresarial deste tipo de
dispositivos con unidades
capaces de transferir até 10 GB por segundo, marcando unha distancia
considerable fronte as unidades máis rápidas até o momento (que chegaban a 6 GB
por segundo).
Polo momento non se detallan as capacidades, prezos e velocidades de
lectura/escritura das novas unidades, pero loxicamente non estamos ante
unidades SATA, senón que funcionarÃan directamente en rañuras PCIe, superando
un 66% o rendemento da anterior xeración deste tipo de discos de Seagate, que
van dirixidos principalmente a servizos nos que buscan achegar contidos e datos
a grande velocidade (ou a moitos usuarios simultáneos), polo que dende Seagate
inciden no feito de que esta tecnoloxÃa serÃa ideal, por exemplo, para
servidores de streaming.
As novas unidades SSD de 10 GB/seg. precisarÃan rañuras PCIe x16, aÃnda que
Seagate tamén comercializará novas unidades para rañuras PCIe x8 que
conseguirÃan velocidades de até 6,7 GB/seg.