Sanyo comercializa unha pequena cámara de vídeo resistente á auga

venres, 6 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Coa chegada do verán, moitos son os que queren capturar os seus mellores momentos na praia en vídeo, pero a auga supoña unha barreira perigosa para a tecnoloxía, polo que Sony lanza a súa cámara de vídeo compacta Xacti CA65 que resiste o seu uso baixo a auga a profundidades de ata 1,5 metros e durante 60 minutos consecutivos (debe permanecer en seco cando menos 10 minutos antes de volver a somerxela para garantir o seu bo funcionamento).
Esta atractiva cámara de 7,04 x 11,14 x 4,05 cm e só 217 gramos de peso pode tomar instantáneas a 6 Mpíxeles e gravar vídeo en formato H.264 que resulta moi axeitado para a súa posterior publicación na web.
A cámara garda as imaxes e vídeos captados en tarxetas de memoria SD e SDHC e o seu prezo de venda ó público recomendado é de 499 euros.

PUBLICIDADE