SanDisk presenta as súas tarxetas SD WORM de 1 Gb
xoves, 24 de xuño do 2010
A SanDisk Corporation anuncia que vén de elevar
a capacidade das súas tarxetas de memoria SD WORM (write once read many) a 1 Gbyte, de xeito que este tipo de
unidades incrementan as súas posibilidades, especialmente nun momento no que as
fotografÃas dixitais teñen cada vez maiores resolucións.
As tarxetas SD WORM caracterÃzanse polo
feito de que os ficheiros só poden gravarse nas mesmas unha vez, o que permite
que a súa vida útil sexa moi elevada (ata 100 anos) e servirÃa especialmente
para documentación forense, posto que ao non poder modificarse os contidos
gravados nas mesmas son ideais para datos que deban permanecer inalterados ao
longo do tempo, especialmente con carácter probatorio.
Ata o momento podÃa realizarse algo semellante con unidades de almacenamento
óptico coma discos CD-R ou DVD-R, pero estes soportes non teñen garantida a súa
integridade a longo prazo, o que parecen solucionar as unidades SD WORM que,
amais, operan en cámaras dixitais, de xeito que as fotografÃas e vÃdeos
captados teñen garantÃa de orixinalidade,
o que parece evidente que non resulta atractivo para usuario domésticos, pero
que pode ser de especial relevancia en contornos xudiciais e corporativos.