Samsung tamén aposta polos ordenadores todo-en-un

venres, 30 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Os ordenadores todo-en-un están a gañar a aceptación grazas ao seu equilibrio entre prestacións, tamaño compacto e elegante deseño, e Samsung vai comezar a xogar en tal división nos EE.UU. (aínda non confirmaron a súa distribución en Europa) cos seus equipos Serie 7, que contan con pantalla táctil de alta definición de 23 polgadas que pode abaterse ata 90 graos, e incluso conta tanto saída como entrada HDMI (o que podería servir para aproveitar a pantalla para, por exemplo, empregar unha consola de videoxogos), unidade óptica integrada na súa base, lector de tarxetas de memoria, portos USB 2.0/3.0, Bluetooth 3.0, disco duro de 1 Tb a 7.200 rpm e a posibilidade de adquirirse cun procesador Intel Core i3 por 999 dólares ou cun Intel Core i5 por 1.199 dólares.

A pantalla do equipo pode abaterse 90 graos

PUBLICIDADE