Samsung renova os seus encartables

mércores, 10 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Samsung presentou hoxe a súa nova xeración de smartphones encartables, o Galaxy Z Flip4 e o Galaxy Z Fold4, que avanzan nas súas posibilidades de personalización, capacidades para a produtividade e mellores experiencias con FlexCam, á vez que avanzan en potencia.
No caso da Galaxy Z Flip4, mantense o deseño icónico das xeracións anteriores, e incluíndo características como unha experiencia de cámara mellorada e, moi especialmente, unha batería de maior capacidade (pasou de 3.300 a 3.700 mAh, cunha carga rápida que permite completar o 50% da batería en 30 minutos), polo que podemos confiar na súa consolidación como o encartable de maior éxito en todo o mundo.
Este teléfono de atractivo deseño destaca por permitir facer selfies coa súa cámara principal co móbil pechado, facendo uso da súa pequena pantalla exterior; pero tamén de contar cun modo Flex no que a súa pantalla compórtase como dúas pantallas diferentes cando a pantalla está algo encartada, o que facilita posibilidades como poder pousar o móbil sobre unha mesa e que a cámara poidan enfocar ao usuario para poder gozar da cámara frontal en mans libres (ideal para videoconferencias e redes sociais).
O Samsung Galaxy Z Flip4 xa pode reservarse, chegando ás tendas o vindeiro día 26 a un prezo que parte dos 1.099 euros para o seu modelo con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento.

O Galaxy Z Fold4 dá un salto en produtividade e cámaras

O Galaxy Z Fold4, pola súa banda, abre a porta a novas posibilidades, cunha experiencia de uso máis completa, cun deseño que cambia de forma, pantallas inmersivas e prestacións para a multititarefa, semellantes ás dun ordenador persoas, ao que habería que sumar unha avanzada tecnoloxía para as cámaras e un procesador potente.
As vantaxes que chegan ao Z Fold4 veñen en boa medida pola integración de Android 12L, versión do sistema operativo que aproveita a grande pantalla do móbil para ter un mellor funcionamento na multitarefa a para incluír unha barra inferior de aplicacións. Tamén integra S Pen, para poder gozar das bondades propias dun Galaxy Note cunha pantalla de aínda maior tamaño.
Un cambio que si resulta de agradecer cos novos Galaxy Z Fold4 é que as súas cámaras traseiras póñense na altura dos Galaxy S22, cunha cámara principal de 50 Mpíxeles, un ultra grande angular de 12 Mpíxeles en un teleobxectivo con zoom óptico de 3x e 10 Mpíxeles.
O punto forte do móbil segue a ser a súa grande pantalla encartable de 7,6 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz e unha cámara frontal que se agocha na pantalla. A súa bisagra é máis fina que no modelo anterior, os seus biseis tamén son máis finos, e o seu procesador tamén mellora considerablemente, para equiparse co máis potente do mercado de móbiles Android, un Snapdragon 8+ Gen 1 (que tamén ten o Flip4).
O Samsung Galaxy Z Fold4 pode xa reservarse, chegando ás tendas o vindeiro día 26 a un prezo que parte de 1.799 euros para o seu modelo con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento.

Vídeo de presentación dos novos encartables de Samsung

PUBLICIDADE