Samsung renova a Galaxy Tab S6 Lite
mércores, 27 de marzo do 2024
Samsung anunciou hoxe a tableta Galaxy Tab S6 Lite (2024), que xunto co S Pen de alta precisión é un produto que pode adaptase tanto para o traballo como para o lecer, mantendo o deseño elegante con aspecto metálico e fino (só 7 milÃmetros de grosor) desta liña de produtos.
Cun peso de 465 gramos para a versión Wi-Fi e 467 gramos para a versión 4G, temos un produto moi cómodo de transportar. Ofrece unha pantalla de 10,4 polgadas cunha resolución de 2.000 x 1.200 pÃxeles, cámaras traseira e frontal de 8 e 5 MpÃxeles respectivamente, 4 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 1 TB), dobre altofalante AKG con Dolby Atmos e unha baterÃa de 7.040 mAh que permite reproducir vÃdeo de xeito continuo até 14 horas.
AÃnda non coñecemos o prezo oficial desta renovación da Galaxy Tab S6 Lite, pero a anterior versión está actualmente a un prezo de entre 269 e 449 euros en función da súa configuración.