Samsung presenta unha cámara pensada para a realidade virtual
mércores, 12 de novembro do 2014
Despois
do relativo fracaso das 3D e da indiferenza do público xeral ao 4K, algúns
fabricantes confÃan en que a realidade virtual poidan converterse na nova
revolución no consumo audiovisual, e compañÃas como Samsung están a facer
fortes apostas neste ámbito e asÃ, tras estrear un accesorio
que converte o seu GALAXY Note 4 nunhas lentes de realidade virtual,
presentan agora o seu Project Beyond,
que aseguran que é a primeira cámara real 3D de 360 graos, que permitirÃa crear
vÃdeos completamente inmersivos.
AÃnda que actualmente o Project Beyond non é un produto comercial, Samsung está
a amosar esta tecnoloxÃa que parte de 16 cámaras de vÃdeo Full HD colocadas nun
dispositivo esférico para poder crear un vÃdeo envolvente que poida verse
cunhas Samsung Gear VR, o que poderÃa aplicarse a vÃdeo en streaming, creando unha impresionante sensación de telepresencia.
Pese a que estamos ante unha tecnoloxÃa que tardará en chegar ao mercado, Samsung
decidiu amosala nun evento en San Francisco, deixando claro que é unha
compañÃa que sabe innovar, e confirmar o seu compromiso coa empresa Oculus VR
(adquirida por Facebook hai pouco).
Asistentes ao evento aseguraron que o
funcionamento desta tecnoloxÃa aÃnda non era óptimo, pois estamos ante
produtos en fase de proba, pero aÃnda que o sistema de captación de imaxes
aÃnda non estea a disposición do público confÃan en que os contidos que xeren
os prototipos poida estar ao alcance dos usuarios de Gear VR, o que serÃa un
interesante incentivo para achegarse á tecnoloxÃa de realidade virtual que non
estarÃa a enfocarse só aos videoxogos, como parecÃa nun primeiro momento.
VÃdeo de presentación do Project Beyond