Samsung presenta un novo monitor curvo para gamers

xoves, 29 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Pensando nos afeccionados aos videoxogos Samsung está a preparar o lanzamento do seu novo monitor curvo CH711 Quatum Dot en modelos con tamaños de 27 e 31,5 polgadas que sairán á venda a primeiros de 2017 e que amosaranse ao público durante a celebración do CES de Las Vegas.
Este novo monitor con curvatura 1,800R e un ángulo de visión de 178 graos, permite que sexa visible dende calquera lugar da habitación, sendo tamén posible axustar a súa posición en vertical e horizontal para que sexa cómodo o seu uso.
O panel do monitor Samsung CH711 Quantum Dot ten unha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles e unha cobertura de cor sRGB do 125%, conseguindo así unha fidelidade de cor boa a calquera distancia, á vez que tamén presume dunha estética moi coidada, case sen bordes en tres dos seus lados e incluso coa posibilidade de agochar o cable HDMI que o conecta ao ordenador no seu pé.
Este monitor ultrapanorámico (21:9) tamén pode resultar cómodo para reproducir contidos de varias fontes á vez mediante a tecnoloxía Picture-by-Picture, de xeito que podemos colocar en pantalla vídeo achegado por HDMI ou DisplayPort. Tamén é posible empregar a función Picture-in-Picture, na que o usuario poderá estreitar o contido e colocalo en pantalla onde desexe, para así poder ver dúas fontes de vídeo á vez.

PUBLICIDADE