Samsung presenta un novo smartphone con formato de cuncha e dobre pantalla

mércores, 21 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Samsung parece resistirse a dicir adeus aos teléfonos de tipo cuncha, incluso entre os smartphones, presentando hoxe un o curioso GALAXY Golden, que non só resulta rechamante por contar con dúas pantallas Super AMOLED de 3,7 polgadas, senón por tratarse dun móbil premium, que terá un prezo de 790.000 wons (528,56 euros) sen destacar polas súas prestacións técnicas: trátase dun terminal con Android 4.2, procesador de dobre núcleo a 1,7 GHz, cámara de 8 Mpíxeles e radio FM.
Cómpre destacar que, aínda que os smartphones con pantalla táctil case barresen os móbiles de tapa do mercado, nalgúns países (como o Xapón) continúan a ser populares, e hai pouco a propia Samsung tamén presentar o seu Hennessy (W789), un móbil semellante ao GALAXY Golden, pero con dobre SIM e unhas prestacións moito máis axustadas, pois estamos ante un dispositivo dirixido expresamente aos consumidores chineses.

PUBLICIDADE