Samsung presenta un monitor gaming 3D sen lentes

mércores, 21 de agosto do 2024 Marcus Fernández

Samsung Electronics anunciou na Gamescom de Colonia os seus novos monitores orientados aos videoxogos, destacando especialmente o novo Odyssey 3D, que ofrece visualización 3D sen lentes grazas ao uso da tecnoloxía de visualización de campo luminoso (LFD) que crea imaxes tridimensionais realistas a partir de contidos 2D mediante unha lente lenticular no panel frontal.
O monitor combina a tecnoloxía LFD con seguimento ocular (mediante unha cámara estéreo integrada) e View Mapping, conseguindo así unha experiencia 3D optimizada sen necesidade de lentes 3D independentes.
O Samsung Odyssey 3D ofrecerase en tamaños de 27 e 37 polgadas, con resolución 4K, un tempo de resposta GTG de 1 milisegundo e unha velocidade de refresco de 165 Hz, polo que é un dispositivo ideal para xogar de xeito fluído. Tamén conta cun soporte regulable en altura, xiro e inclinación, 2 portos HDMI 2.1, 1 porto DisplayPort1.4 e soporta FreeSync Premium Pro.
Polo momento non se coñece o prezo e a data de lanzamento deste revolucionario monitor.

O monitor Samsung Odyssey 3D promete experiencias de xogo tridimensionais sen lentes