Samsung presenta un monitor UHD dual de 57 polgadas
mércores, 23 de agosto do 2023
Samsung
aproveitará a celebración da celebración da Gamescom 2023 en Colonia para
presentar os seus novos monitores gaming, entre os que destaca o Odyssey
Neo G9 de 57 polgadas (modelo G95NC), que segundo o fabricante surcoreano é o
primeiro monitor UHD dual do mercado, ou sexa, que esta pantalla con
curvatura 1000R de 57 polgadas sería equivalente a colocar 2 monitores UHD de
32 polgadas unidos lateralmente para envolver aos usuarios con imaxes nítidas e
un amplo campo de visión, conseguindo un grande nivel de inmersión nos xogos.
Este atractivo monitor conta con tecnoloxía Quantum Matrix para potenciar a súa
iluminación Quantum Mini LED. É compatible co estándar VESA Display HDR 1000
(ou sexa, que acada un brillo máximo de 1.000 nits), e de cara aos xogos pode
presumir dunha frecuencia de actualización de 240 Hz e un tempo de resposta de
1 milisegundo, así como é compatible coa tecnoloxía AMD FreeSync Premium Pro.
O monitor Odyssey Neo G9 de 57 polgadas conta con conectividade DisplayPort 2.1
para pode ofrecer a súa elevada resolución a tanta velocidade, aínda que tamén
conta con HDMI 2.1 e un concentrador USB para poder facilitar a conexión de
accesorios no escritorio.
Para tirar maior proveito do seu tamaño de pantalla o monitor inclúe modos
Picture-in-Picture e Picture-by-Picture, para poder ofrecer varias entradas de
vídeo nunha única ollada.