Samsung presenta pantallas de 10 polgadas e 300 dpi
venres, 13 de maio do 2011- Prototipo de pantalla de 10,1 polgadas e resolución WQXGA amosado no blog de PenTile
Antes da chegada do iPad 2 falábase da posibilidade de que incorporase unha pantalla de máis resolución que a do seu predecesor, pero non parecÃa ter moito sentido trasladar a popular pantalla Retina do iPhone 4 aos tablets, pero agora Samsung demostra que é posible e presenta unha nova pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución 2.560 x 1.600 pÃxeles. Esta pantalla LCD é de tipo PenTitle RGBW, ten unha resolución de 300 puntos por polgada, unha luminosidade de 300 cd/m2 (cun modo para exteriores de ata 600 cd/m2) e un grande realismo á hora de representar a cor, e aÃnda que a súa presentación leve a entender que poderÃa ser a tecnoloxÃa que empregue o iPad 3, non podemos evitar comentar que o incremento da resolución de pantalla dun tablet ten outros factores a ter en conta, como o feito de que precise dunha potencia e memoria moi superiores e que careza de contidos axeitados (xa que superarÃa incluso os 1.920 x 1.080 pÃxeles da alta definición), ou sexa, que aÃnda que nun futuro non serÃa sorprendente que outros fabricantes conseguisen tecnoloxÃas semellantes, parece que tardaremos bastante en ver a normalización de pantallas cunha definición tan elevada en dispositivos de propósito xeral (aÃnda que para aplicacións que precisen de grande definición de imaxe e claridade de texto resultan claras as vantaxes de pantallas como as que presenta Samsung). ¿Teremos esta tecnoloxÃa no iPad 3? ¿Ou haberá que agardar o iPad 4?